Inicio

 

Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada

Este mestrado é unha proposta que implica as tres Universidades do Sistema Universitario de Galicia, a través das Facultades de Filoloxía da Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, e da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

 
 

 

O mestrado constitúe unha reorganización e transformación de catro títulos: o Máster Interuniversitario en Lingüística Galega (Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña), o Máster Universitario en Estudos Lingüísticos (Universidade de Santiago de Compostela), o Máster Interuniversitario en Lingüística e as súas Aplicacións (Universidade de Vigo e Universidade da Coruña) e o Máster Universitario en Lingua e Usos Profesionais (Universidade da Coruña).

Destes catro mestrados, os tres primeiros, de orientación investigadora, proveñen da reconversión doutros tantos programas de doutoramento que recibiron a Mención de Calidade do Ministerio.