O plan de estudos do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada estrutúrase nun ano académico cunha organización cuadrimestral. En cada cuadrimestre o estudantado deberá cursar un total de 30 créditos.

O primeiro cuadrimestre componse principalmente de materias de carácter obrigatorio. Ademais, durante o primeiro cuadrimestre o estudantado terá que cursar 6 créditos de materias optativas, isto é, 2 materias, unha por cada un dos dous módulos do itinerario que conforme a súa especialidade. O mestrado está estruturado en 3 itinerarios, cuxa denominación se verá reflectida no título. Cada itinerario está composto por 3 módulos temáticos, dos cales o estudante escollerá 2 en función dos seus intereses.

Módulo Créditos a cursar Créditos ofertados
Obrigatorio 24 24
Optativo 24 36
Prácticas externas 6 6
Traballo fin de Máster 6 6
Total 60 72

 

Materias Obrigatorias

Materia Carácter ECTS
Modelos e métodos en lingüística actual – UDC | USC | UVigo Obrigatoria 6
Lingüística de corpus – UDC | USC | UVigo Obrigatoria 6
Lingüística aplicada – UDC | USC | UVigo Obrigatoria 6
Tecnoloxías lingüísticas – UDC | USC | UVigo Obrigatoria 3
Recursos bibliográficos e xéneros científicos – UDC | USC | UVigo Obrigatoria 3
Prácticas externas – UDC | USC | UVigo Obrigatoria 6
Traballo Fin de Máster – UDC | USC | UVigo Obrigatoria 6

 

Especialidade 1. Adquisición e ensino de linguas

 

Especialidade 2. Comunicación e recursos lingüísticos

 

Especialidade 3. Léxico, gramática e variación