Requisitos de acceso
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
- As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
- Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
- As persoas tituladas conforme sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas aplicaranse os criterios que a Comisión Académica publica cada ano, vixentes do título e as normativas das diferentes universidades.
Perfil de ingreso
Resulta recomendábel, como perfil de ingreso, a existencia dunha formación académica previa no ámbito de Artes e Humanidades ou das Ciencias Sociais, especialmente ter cursado un título de Grao ou equivalente que contemple unha formación específica nos estudos lingüísticos, no ámbito da comunicación.