O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito.

Para poder defender o traballo de fin de máster será necesario superar os restantes 54 créditos ECTS da titulación. O traballo fin de máster realizarase de acordo coas directrices que aprobará a Comisión Académica a partir da normativa xa existente nas universidades participantes.

A avaliación do traballo fin de máster será realizada por varias comisións designadas anualmente pola Comisión Académica, que estarán compostas por 3 persoas, dúas delas necesariamente profesorado doutor con vinculación permanente á universidade. O acto de defensa do TFM será público e o estudantado haberá de realizar unha exposición resumida do seu traballo nun tempo máximo de 20 minutos e deberá responder as cuestións que lle formulen os membros da comisión. As características formais do traballo recolleranse nas citadas directrices.

 

Traballo Fin de Máster – curso 2024/2025

Documentación