O plan de estudos do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada estrutúrase nun ano académico cunha organización cuadrimestral. En cada cuadrimestre o estudantado deberá cursar un total de 30 créditos.
O primeiro cuadrimestre componse principalmente de materias de carácter obrigatorio. Ademais, durante o primeiro cuadrimestre o estudantado terá que cursar 6 créditos de materias optativas, isto é, 2 materias, unha por cada un dos dous módulos do itinerario que conforme a súa especialidade. O mestrado está estruturado en 3 itinerarios, cuxa denominación se verá reflectida no título. Cada itinerario está composto por 3 módulos temáticos, dos cales o estudante escollerá 2 en función dos seus intereses.
| Tipo de materia | Créditos a cursar | Créditos ofertados |
|---|---|---|
| Obrigatorias | 24 | 24 |
| Optativas | 24 | 36 |
| Prácticas externas | 6 | 6 |
| Traballo Fin de Máster | 6 | 6 |
| Total | 60 | 72 |
Materias Obrigatorias
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Modelos e métodos en lingüística actual - UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
| Lingüística de corpus - UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
| Lingüística aplicada - UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
| Tecnoloxías lingüísticas - UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 3 |
| Recursos bibliográficos e xéneros científicos - UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 3 |
| Prácticas externas - UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
| Traballo Fin de Máster - UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
Especialidade 1. Adquisición e ensino de linguas
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Lingüística de corpus e adquisición da lingua - USC | Optativa | 3 |
| Conciencia ling. e adquisición do L2 en contextos multilingües - UVigo | Optativa | 3 |
| Aplicacións da psicolingüística - UVigo | Optativa | 3 |
| Análise da conversa aplicada - UDC | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Avaliación - UVigo | Optativa | 3 |
| Creación e elaboración de materiais de aprendizaxe - USC | Optativa | 3 |
| Estratexias e métodos de ensinanza e aprendizaxe - UVigo | Optativa | 3 |
| Aspectos socioculturais e lingüísticos na ensinanza do L2 - UVigo | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Gramática e léxico da lingua de signos española - UVigo | Optativa | 3 |
| Usos profesionais da lingua de signos española - UVigo | Optativa | 3 |
| Adquisición e desenvolvemento da lingua na comunidade xorda - UVigo | Optativa | 3 |
| Ensino da lingua oral a xordos e da lingua de signos a ouvintes - UVigo | Optativa | 3 |
Especialidade 2. Comunicación e recursos lingüísticos
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Deseño e desenvolvemento de tecnoloxías lingüísticas - USC | Optativa | 3 |
| Procesamento da linguaxe oral - USC | Optativa | 3 |
| Dixitalización e edición - UDC | Optativa | 3 |
| A información lingüística e internet - UDC | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Comunicación multimodal - UDC | Optativa | 3 |
| Comunicación oral - UDC | Optativa | 3 |
| Comunicación escrita - UDC | Optativa | 3 |
| Terminoloxía e linguaxes específicas - UDC | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Mediación lingüística - UVigo | Optativa | 3 |
| Políticas lingüísticas - UDC | Optativa | 3 |
| Planificación lingüística - UDC | Optativa | 3 |
| Multilingüismo e internet - UDC | Optativa | 3 |
Especialidade 3. Léxico, gramática e variación
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Fundamentos de lexicoloxía e lexicografía - USC | Optativa | 3 |
| A elaboración do dicionario - USC | Optativa | 3 |
| A avaliación dos dicionarios - UDC | Optativa | 3 |
| Terminoloxía e terminografía - UVigo | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Cuestións de semántica e sintaxe - USC | Optativa | 3 |
| Dimensións do significado. Semántica e pragmática - USC | Optativa | 3 |
| Gramática e discurso - USC | Optativa | 3 |
| Cuestións actuais da Gramática - USC | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Variación lingüística - USC | Optativa | 3 |
| Temas de lingüística contrastiva - UVigo | Optativa | 3 |
| Contacto de linguas e as súas consecuencias - UDC | Optativa | 3 |
| Cambio lingüístico - USC | Optativa | 3 |