O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito.

Para poder defender o traballo de fin de máster será necesario superar os restantes 54 créditos ECTS da titulación. O traballo fin de máster realizarase de acordo coas directrices que aprobará a Comisión Académica a partir da normativa xa existente nas universidades participantes.

A avaliación do traballo fin de máster será realizada por varias comisións designadas anualmente pola Comisión Académica, que estarán compostas por 3 persoas, dúas delas necesariamente profesorado doutor con vinculación permanente á universidade. O acto de defensa do TFM será público e o estudantado haberá de realizar unha exposición resumida do seu traballo nun tempo máximo de 20 minutos e deberá responder as cuestións que lle formulen os membros da comisión. As características formais do traballo recolleranse nas citadas directrices.

 

Traballo Fin de Máster – curso 2023/2024

Documentación

Calendario de defensa do TFM

Universidade da Coruña

Convocatoria Data de depósito Defensa
Febreiro Ata o 14 de febreiro de 2024 26-27 de febreiro de 2024
Xuño
Xullo Ata o 10 de xullo de 2024 22-23 de xullo de 2024
Setembro Ata o 10 de setembro de 2024 19-20 de setembro de 2024

 

Universidade de Santiago de Compostela

Convocatoria Data de depósito Defensa
Febreiro 8-9 de febreiro de 2024 19-20 de febreiro de 2024
Xuño
Xullo 8-9 de xullo de 2024 22-23 de xullo de 2024
Setembro 10-11 de setembro de 2024 19-20 de setembro de 2024

 

Universidade de Vigo

Convocatoria Data de depósito Defensa
Febreiro Ata o 31 de xaneiro de 2024 21-23 de febreiro de 2024
Xuño Ata o 31 de maio de 2024 19-21 de xuño de 2024
Xullo Ata o 2 de xullo de 2024 17-19 de xullo de 2024
Setembro Ata o 2 de setembro de 2024 10-12 de setembro de 2024