O plan de estudos do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada estrutúrase nun ano académico cunha organización cuadrimestral. En cada cuadrimestre o estudantado deberá cursar un total de 30 créditos.
O primeiro cuadrimestre componse principalmente de materias de carácter obrigatorio. Ademais, durante o primeiro cuadrimestre o estudantado terá que cursar 6 créditos de materias optativas, isto é, 2 materias, unha por cada un dos dous módulos do itinerario que conforme a súa especialidade. O mestrado está estruturado en 3 itinerarios, cuxa denominación se verá reflectida no título. Cada itinerario está composto por 3 módulos temáticos, dos cales o estudante escollerá 2 en función dos seus intereses.
| Módulo | Créditos a cursar | Créditos ofertados |
|---|---|---|
| Obrigatorio | 24 | 24 |
| Optativo | 24 | 36 |
| Prácticas externas | 6 | 6 |
| Traballo fin de Máster | 6 | 6 |
| Total | 60 | 72 |
Materias Obrigatorias
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Modelos e métodos en lingüística actual – UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
| Lingüística de corpus – UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
| Lingüística aplicada – UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
| Tecnoloxías lingüísticas – UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 3 |
| Recursos bibliográficos e xéneros científicos – UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 3 |
| Prácticas externas – UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
| Traballo Fin de Máster – UDC | USC | UVigo | Obrigatoria | 6 |
Especialidade 1. Adquisición e ensino de linguas
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Lingüística de corpus e adquisición da lingua – USC | Optativa | 3 |
| Conciencia ling. e adquisición do L2 en contextos multilingües – UVigo | Optativa | 3 |
| Aplicacións da psicolingüística – UVigo | Optativa | 3 |
| Análise da conversa aplicada – UDC | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Avaliación – UVigo | Optativa | 3 |
| Creación e elaboración de materiais de aprendizaxe – USC | Optativa | 3 |
| Estratexias e métodos de ensinanza e aprendizaxe – UVigo | Optativa | 3 |
| Aspectos socioculturais e lingüísticos na ensinanza do L2 – UVigo | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Gramática e léxico da lingua de signos española – UVigo | Optativa | 3 |
| Usos profesionais da lingua de signos española – UVigo | Optativa | 3 |
| Adquisición e desenvolvemento da lingua na comunidade xorda – UVigo | Optativa | 3 |
| Ensino da lingua oral a xordos e da lingua de signos a ouvintes – UVigo | Optativa | 3 |
Especialidade 2. Comunicación e recursos lingüísticos
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Deseño e desenvolvemento de tecnoloxías lingüísticas – USC | Optativa | 3 |
| Procesamento da linguaxe oral – USC | Optativa | 3 |
| Dixitalización e edición – UDC | Optativa | 3 |
| A información lingüística e internet – UDC | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Comunicación multimodal – UDC | Optativa | 3 |
| Comunicación oral – UDC | Optativa | 3 |
| Comunicación escrita – UDC | Optativa | 3 |
| Terminoloxía e linguaxes específicas – UDC | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Mediación lingüística – UVigo | Optativa | 3 |
| Políticas lingüísticas – UDC | Optativa | 3 |
| Planificación lingüística – UDC | Optativa | 3 |
| Multilingüismo e internet – UDC | Optativa | 3 |
Especialidade 3. Léxico, gramática e variación
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Fundamentos de lexicoloxía e lexicografía – USC | Optativa | 3 |
| A elaboración do dicionario – USC | Optativa | 3 |
| A avaliación dos dicionarios – UDC | Optativa | 3 |
| Terminoloxía e terminografía – UVigo | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Cuestións de semántica e sintaxe – USC | Optativa | 3 |
| Dimensións do significado. Semántica e pragmática – USC | Optativa | 3 |
| Gramática e discurso – USC | Optativa | 3 |
| Cuestións actuais da Gramática – USC | Optativa | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Variación lingüística – USC | Optativa | 3 |
| Temas de lingüística contrastiva – UVigo | Optativa | 3 |
| Contacto de linguas e as súas consecuencias – UDC | Optativa | 3 |
| Cambio lingüístico – USC | Optativa | 3 |
