O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito.

Para poder defender o traballo de fin de máster será necesario superar os restantes 54 créditos ECTS da titulación. O traballo fin de máster realizarase de acordo coas directrices que aprobará a Comisión Académica a partir da normativa xa existente nas universidades participantes.

A avaliación do traballo fin de máster será realizada por varias comisións designadas anualmente pola Comisión Académica, que estarán compostas por 3 persoas, dúas delas necesariamente profesorado doutor con vinculación permanente á universidade. O acto de defensa do TFM será público e o estudantado haberá de realizar unha exposición resumida do seu traballo nun tempo máximo de 20 minutos e deberá responder as cuestións que lle formulen os membros da comisión. As características formais do traballo recolleranse nas citadas directrices.

 

Traballo Fin de Máster – Curso académico 2021/2022

Documentación

Calendario de defensa do TFM

Universidade da Coruña

Convocatoria Data de depósito Defensa
Febreiro Ata o 14 de febreiro de 2022 24 de febreiro de 2022
Xuño
Xullo Ata o 27 de xuño de 2022 5 de xullo de 2022
Setembro Ata o 12 de setembro de 2022 23 de setembro de 2022

 

Universidade de Santiago de Compostela

Convocatoria Data de depósito Defensa
Febreiro Ata o 8 de febreiro de 2022 24 de febreiro de 2022
Xuño
Xullo Ata o 8 de xullo de 2022 19-20 de xullo de 2022
Setembro Ata o 14 de setembro de 2022 22-23 de setembro de 2022

 


Universidade de Vigo

Convocatoria Data de depósito Defensa
Febreiro Ata o 1 de febreiro de 2022 16 de febreiro de 2022
Xuño Ata o 3 de xuño de 2022 15-17 de xuño de 2022
Xullo Ata o 5 de xullo de 2022 20-22 de xullo de 2022
Setembro Ata o 5 de setembro de 2022 14-15 de setembro de 2022